Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Publicacións e Intercambio Científico


Título: CHARLES DARWIN. A ORIXE DAS ESPECIES
Autor: Tradución de Emilio Valadé del Río. Prólogo de Francisco Díaz-Fierros Viqueira
ISBN: 84-9750-144-6
Tamaño: 16 x 24 cms. Seda con sobrestampación e sobrecuberta en papel vexetal a dúas tintas.
Paxinas: 709 Ano: 2003

Clásicos do Pensamento Universal, Núm. 4

En poucas ocasións, un libro marca un antes e un despois na historia dunha ciencia. En moitas menos, na historia do pensamento. Iso é o que ocorre con A Orixe das Especies de Charles Darwin, obra aparecida en 1859 e divulgada con inusitada rapidez. Recollendo as investigacións dos grandes zoólogos e botánicos anteriores a el, como Asa Gray, Louis Agassiz, Gärtner, De Candolle ou Kölreuter, así como as achegas de Lyell en xeoloxía e paleontoloxía, Darwin constrúe a súa sólida hipótese evolutiva. O lector de hoxe, como o de toda época, ficará abraiado perante a multitude de datos considerados polo autor e extraídos do mundo dos seres vivos, tanto animais como vexetais, en moitos casos froito da súa propia experiencia, e todos eles capaces de seren explicados segundo a hipótese proposta: a acción da selección natural sobre as poboacións naturais.
A Orixe das Especies foi un libro revolucionario, mesmo máis revolucionario do que pretendeu o seu propio autor. A lectura deste clásico do pensamento científico revela sen dúbida o carácter tenaz e rigoroso de quen propuxo ó mundo científico unha hipótese definitiva verbo da orixe das especies.

Prezo: 32,00
Materia: Clásicos do Pensamento Universal