
Beatus qui legit. Artigos periodísticos (1998-1999)
I Premio (1999)
Xesús Alonso Montero
2000, 96 páx., ISBN. 84-8121-848-0
PVP. 9.61 €
O xurado que concedeu o Premio Roberto Blanco Torres na súa primeira edición salientou nos traballos periodísticos de Xesús Alonso Montero a calidade formal e a erudición, a intelixencia e ponderada contribución á divulgación da literatura galega e moi especialmente a atención adicada á figura intelectual e significación histórica do xornalista Roberto Blanco Torres (1891-1936).

Un escritor nos xornais. Artigos periodísticos.
II Premio (2000)
Xosé Luis Méndez Ferrín
2001, 176 páx., ISBN. 84-8121-958-4
PVP. 13.22 €
Dende as páxinas do xornal Faro de Vigo, duas veces á semana, Xosé Luis Méndez Ferrín ofrécenos o seu pensamento libre, galeguista, orixinal e autónomo, ás veces tamén polémico, en dúas seccións fixas: Os camiños da vida e Segunda feira. O presente volume reúne, baixo o título Un escritor nos xornais, as colaboracións do escritor ó longo do ano 2000.

O novelo dos anacos e outros exemplos (2000-2001)
III Premio (2001)
Raimundo García Domínguez "Borobo"
2002, 325 páx., ISBN. 84-9750-123-3
PVP. 25.84 €
Raimundo García Domínguez "Borobo" falecido en 2003, foi o creador dun xénero especialmente orixinal no columnismo galego. Os seus célebres "Anacos", redactados na tensión diaria que caracteriza o traballo do xornalista , constitúen de seu unha crónica continuada do acontecer cotián, relato deslumbrante do día a día, tal que retallos de vida, que o autor detecta e ordena.

Á marxe. Palabra de escritor.(2 de xaneiro-10 de marzo de 2002)
IV Premio (2002)
Carlos Casares
2003, 93 páx, ISBN 84-9750-259-0
PVP 25.84 €
Velaquí unha novela aberta, tronzada pola morte repentina do seu autor: derradeiros fragmentos dun longo relato a través do cal o escritor establece unha nova forma de relación cos lectores debullada diariamente durante 14 anos por Carlos Casares (1941-2002) dende as páxinas de La Voz de Galicia. Estilo pulcro, accesible, consciente da pluralidade de públicos aos que se dirixía.

Barcos a Pique.
V Premio (2003)
Bieito Iglesias
2005, 136 páx. ISBN 84-9750-488-7
PVP 9.02 €
Recollidos neste libro, os textos de prensa que publicou Bieito Iglesias durante o ano 2003 en Tempos Novos e A Nosa Terra conforman no seu conxunto unha crónica do acontecer e, á vez, configuran un mosaico polifónico no que o autor refrenda que é dono dunha prosa literaria e xornalística - ou xornalística e literaria - de grande orixinalidade.
Conectando coa nosa mellor tradición narrativa, Bieito Iglesias amosa elegancia, honestidade intelectual e unha forte capacidade de comunicación. Esta orixinalidade non a perde agora, cando xa non ten urxencia da opinión pública. Porque todo o que non é actualidade de uúltimo impacto está vivo, ten valor sociolóxico e mantén o nervio ideolóxico

Palabras a Eito
VI Premio (2004)
Francisco Fernández del Riego
2005, 111 páx. ISBN 84-9750-520-4
PVP 9.02 €
Recollidos neste libro, os artigos publicados por Fernández del Riego semanalmente no suplemento "Culturas" do xornal La Voz de Galicia, baixo o título "De cotío", valórase a "personalidade e a calidade estilística do autor, a súa ollada aberta e universal sobre a cultura, o seu amor polo mundo do libro, atento non só ao discurso literario galego, senón tamén a outras linguas e outras literaturas, coas que establece un diálogo permanente e arrequecedor".

Crónicas inconformistas
VII Premio (2006)
Isaac Díaz Pardo
2006, 126 páx. ISBN 84-9750-776-2
PVP 12.00€
O autor destas Crónicas Incorformistas non é un periodista; é, sinxelamente, un cidadán que, de cando en vez, escribe nos periódicos, especiañmente nos últimos anos, un tempo cheo de graves ameazas e de desfeita de valores, sobre todo, dos valores clásicos. É preciso que o lector repare nesta idea: Isaac Díaz Pardo, que non é periodista, é un cidadan que escribe nos periódicos. Díaz Pardo, o cidadán, asómase semanalmente ás páxinas da prensa diaria para facer oír a súa voz de cidadán, de cidadán que, vivindo e respirando na cidade percibe, con lucidez, que a cidade está contaminándose, cada vez máis. Díaz Pardo, ao falar da contaminación (física e moral) non só a detecta e a denuncia, senón que examina as súas circunstancias, sinala as súas causas e alértanos sobre as consecuencias.

Perigosamente Normais
VIII Premio (2007)
Anxos Sumai
2007, 115 páx. ISBN 978-849750-921-3
PVP 12.00 €
Os novos medios son para Anxos Sumai novos retos, camiños anovados para ampliar a súa base de lectores, plataformas nas que experimentar as posibilidades da escrita e de explorar novas dificultades e posibilidades narrativas. O blog, a radio, a web, supoñen novos usos da linguaxe porque a relación coa audiencia muda e porque tamén varían as posibilidades narrativas ao quedaren constrinxidas polas limitacións de tempo ou de espazo,que non só poden acurtar aínda máis o relato curto, senón que mesmo lle poden poñer límites que condicionen a forma de narrar a historia.
Co gallo do centenario do nacemento de don Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, tan afectiva e intelectualmente vencellado a Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, o Excmo. Concello de Ribadeo e o xornal La Voz de Galicia, acordaron o 10 de xullo de 1998 convocar anualmente, baixo o nome de tan egrexio poeta, profesor e académico, un premio que dese a coñecer a mellor das obras de filoloxía realizadas por investigadores con menos de trinta anos sobre os variados eidos que cultivou Dámaso Alonso.

El morfema de `neutro de materia´ en asturiano
Premio 1999
Álvaro Arias Cabal
1999, 150 páx. ISBN. 84-8121-774-3
PVP. 10.82 €


O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio
Premio 2001
Mariña Arbor Aldea
2001, 392 páx., ISBN. 84-8121-951-7
PVP. 21.03 €

El mayor monstruo del mundo de Calderón de la Barca
Finalista 2001
María José Caamaño Rojo
2001, 377 páx. ISBN. 84-8121-956-8
PVP. 21.03 €

La perspectiva contemporánea. Ensayos de teoría de la literatura y literatura comparada
Premio 2002
Jordi Julià
2002, 269 páx., ISBN. 84-9750-030-X
PVP. 17.43 €

La poesía burlesca de Quevedo y sus modelos italianos
Premio 2003
Rodrigo Cacho Casal
2003, 409 páx., ISBN. 84-9750-252-3
PVP. 21.03 €

As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña
Mª do Cebreiro Rábade Villar
2004, 271páx., ISBN. 84-9750-375-9
PVP. 18.03 €


El libro de motes de damas y caballeros
Premio 2006
Isabel Vega Vázquez
15 X 21 cms.
2006, 317 páx. ISBN 84-9750-642-1
PVP. 18 €

Del monte sale quien el monte quema
de Lope de Vega
Premio 2007
Ana María Porteiro Chouciño
2007, 320 páx. ISBN 84-9750-900-8
PVP. 18 €
A Universidade de Santiago de Compostela a través dos seus Colexios Maiores e residencias que constituén o Servizo Universitario de Residencias, convoca anualmente, tanto aescritores galegos coma non galegos, o Premio de Narrativa de Historias na Universidade co fin de fomentar evocacións literarias da vida universitaria nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo e nos seus colexios maiores e residencias.


O malfadado ano no que perdín a moza por culpa dun robot, porque as desgracias sempre veñen mal acompañadas
II Premio 2002
Ana María Galego Gen
2003, 44 páx., ISBN. 84-9750-139-X
PVP. 5.50 €
div>


O Premio "Xohana Torres" de investigación foi institucionalizado pola Concellería da Muller de Santiago no ano 1992 co obxecto de estimular a investigación que contribúa ao coñecemento da biografía, dos feitos da vida e da historia das mulleres galegas tanto no territorio da Galicia interior como exterior, e relativos tanto ao noso pasado como ao noso presente. Coa denominación Xohana Torres o premio rende homenaxe ao infatigable labor da egrexia poetisa, narradora, e dramaturga a prol da dignificación da condición feminina a través da cultura e o cultivo da palabra.




Voces da memoria. Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista
Beatriz Graña Pérez
Premio 2003
2003, 175 páx., ISBN. 84-9750- 267-1
PVP. 4.80 €
