Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Publicacións e Intercambio Científico  »  Como publicar  »  Obras colectivas

Obras colectivas

Recepción e avaliación de orixinais

Deberá cubrirse o formulario de solicitude que se inclúe na páxina web do Servizo. Con carácter xeral, incluiranse os datos persoais e académicos da/o solicitante, un curriculum ou resumo das súas publicacións máis recentes, unha descrición do traballo proposto, con índice e resumo dalgún dos seus capítulos (ou ben o orixinal, se xa se tiver rematado), e, finalmente, as razóns que xustifican o interese da publicación, o posíbel campo de lectores, as obras que xa tratan ese mesmo ou semellante tema, e as diferenzas e contribucións que a presente publicación ofrece sobre elas. Para cada colección ou serie se especificarán posíbeis requerimentos no correspondente formulario.

En cada reunión da Comisión de Publicacións serán examinadas as propostas achegadas ao Servizo até a data de convocatoria da reunión. As propostas achegadas con posterioridade serán examinadas na seguinte xuntanza.

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos. Non se admitirán, excepto en casos excepcionais e debidamente xustificados, simples refundicións nin segundas edicións a non ser de publicacións previas da mesma serie.

As restantes indicacións sobre o proceso de selección e avaliación dos orixinais poden consultarse na Sección I (artigos 8.6 e 9.3) do Regulamento do Servizo de Publicacións, nesta mesma páxina web (link Regulamento).

Financiamento. O financiamento dos orixinais destinados á colección Cursos e Congresos é de responsabilidade íntegra dos organizadores dos devanditos eventos.

Límite de páxinas. Os orixinais destinados á colección Homenaxes terán unha extensión máxima recomendada de 400 páxinas (páxina tipo: DIN A4 de 2 800 matrices), non aceptándose baixo ningún concepto aqueles orixinais que sobrepasen as 500 (acordo da Comisión de Publicacións de 19 de maio de 2000).

Propiedade intelectual. Os coordinadores da edición de orixinais destinados ás coleccións Cursos e Congresos e Homenaxes están sometidos a certas advertencias en materia de propiedade intelectual, especialmente importantes no que fai ó material gráfico que os orixinais inclúan.

Normas técnicas

1) TEXTOS
Poderá usarse calquera das versións dos procesadores MicroSoft WORD ou WORDPERFECT baixo MS-DOS/WINDOWS ou ben para o sistema operativo do ordenador Apple-McIntosh.

2) MATERIAL GRÁFICO
O material gráfico dixitalizado deberá aterse aos seguintes parámetros:

  • Debuxos, planos, mapas, gravados, etc.: formato .TIFF tendo en conta que o proceso de dixitalización (“escaneado”) se fará en liña ou mapa de bits (nunca en escala de grises), ao tamaño real da imaxe (100%) e cunha resolución mínima de 1200 puntos por polgada (p.p.p).
  • Fotografías: formato .TIFF en color ou escala de grises (branco e negro) segundo proceda, ao tamaño real da fotografía (100%) e cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada (p.p.p.).
  • Gráficos: Preferentemente en Excel, arquivos .XLS (os gráficos de Word presentan frecuentemente problemas de conversión aos programas profesionais de maquetación).

MOI IMPORTANTE: Con independencia de que o material gráfico poida ir insertado no documento de texto como orientación para a ubicación das imaxes, cada unha das imaxes ou gráficos deberá entregarse como arquivo independente, aténdose ás especificacións devanditas.

3) Os traballos levarán o encabezamento como segue:

  • título do artigo: centrado, maiúscula, negra.
  • nome e apelidos do/a autor/a: debaixo do título, centrado, minúscula, redonda, fina.
  • universidade (ou centro) á que pertence o/a autor/a: debaixo do nome, centrado, minúscula, fina.

BIBLIOGRAFÍA, MODELO DE ENTRADA
YNDURÁIN, Domingo (1994): Humanismo y Renacimiento en España, Madrid: Cátedra.