Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Publicacións e Intercambio Científico  »  Como publicar  »  Obras de Tipo B

Publicacións procedentes de Centros, Departamentos, Institutos e Grupos de Investigación 


(art. 7.C do Regulamento do Servicio de Publicacións)

Recepción e avaliación de orixinais

Deberá cubrirse o formulario de solicitude que se inclúe na páxina web do Servizo. Con carácter xeral, incluiranse os datos persoais e académicos da/o solicitante, un curriculum ou resumo das súas publicacións máis recentes, unha descrición do traballo proposto, con índice e resumo dalgún dos seus capítulos (ou ben o orixinal, se xa se tiver rematado), e, finalmente, as razóns que xustifican o interese da publicación, o posíbel campo de lectores, as obras que xa tratan ese mesmo ou semellante tema, e as diferenzas e contribucións que a presente publicación ofrece sobre elas. Para cada colección ou serie se especificarán posíbeis requerimentos no correspondente formulario.

En cada reunión da Comisión de Publicacións serán examinadas as propostas achegadas ao Servizo até a data de convocatoria da reunión. As propostas achegadas con posterioridade serán examinadas na seguinte xuntanza.

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos. Non se admitirán, excepto en casos excepcionais e debidamente xustificados, simples refundicións nin segundas edicións a non ser de publicacións previas da mesma serie.

As restantes indicacións sobre o proceso de selección e avaliación dos orixinais poden consultarse na Sección I (artigos 8.6 e 9.3) do Regulamento do Servizo de Publicacións, nesta mesma páxina web (link Regulamento).

Documentos a cumprimentar para a presentación de orixinais

1. Garantía de orixinalidade


D./Dª.
con D.N.I. núm. en calidade de do Dpto./ Centro

e D./Dª
con D.N.I. núm. en calidade de autor /autora da obra titulada

a editar polo Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela,

por medio da presente garanten a orixinalidade da devandita obra, tanto no que fai ó seu plantexamento metodolóxico, contidos teóricos, etc. coma no relativo ó seu aparato gráfico: cadros, gráficas, esquemas, etc., ficando ben entendido que no caso de incluir referencias nos orixinais farase constar con toda claridade a súa fonte e / ou localización, incluso con mención expresa da concesión do permiso de reproducción se fose o caso.

Santiago, a de de 200
Asdo.
Asdo.

2. Compromisos editoriais co Servicio de Publicacións

D./Dª.

con D.N.I. núm.

responsable da edición do orixinal

comprométese, diante do Servicio de Publicacións, a cumprir os seguintes requisitos:

Definir as características formais da publicación en cuestión:

-número de exemplares a publicar:....................... .-

-número de páxinas da publicación........................ -

-formato:.............................................................. -

-tipo de edición (rústica, tela, etc.)......................... .

............................................................................ -

2) Aceptar as condicións de edición, comercialización e intercambio científico contempladas no Regulamento do Servicio de Publicacións, destinando, a tal efecto

-intercambio científico:........................................................................... exs.

-donativo e reseña:................................................................................. exs.

-distribución e venda:............................................................................. exs.

Pola súa parte, o Servicio de Publicacións comprométese á xestión destes requisitos e a liquidar anualmente ó centro ou departamento correspondente a cantidade ingresada por vendas, con retención do 10% en concepto de gastos de envío.

En Santiago de Compostela, a de de 200

Asdo.