Presentar unha oferta
A Área de Orientación Laboral, ofrece ás empresas a posibilidade de presentar ofertas de emprego dirixidas a recén titulados e estudantes das titulacións que se imparten na USC. A finalidade deste servizo é a de facilitar á empresa o proceso de busca de candidatos axeitados aos postos que precisan cubrir.
Formularios para presentar unha oferta
¿Cómo funciona este servizo?
-
Os postos deben ser ofertados a través de contratos laborales, dende este servizo actualmente non se xestionan bolsas nin prácticas en empresas.
-
Os interesados en presentar unha oferta deben cubrir os formularios nos que se reflicten os datos básicos da empresa e da oferta.
-
Unha vez cubertos os formularios e enviados desde a web (tamén se poden imprimir e enviar por fax ao 981 563 100), dende a Área de Orientación Laboral farase a difusión da oferta na páxina web e nos diferentes centros universitarios.
-
Nesta Área recollerase o curriculum daquelas persoas interesadas que cumpran os requisitos, e se enviarán á empresa no prazo fixado previamente.
-
Este servizo é gratuito, o único que se solicita a cambio é a facilitación de datos sobre o proceso de selección e sobre o resultado do mesmo.
¿Cales son as normas para presentar unha oferta?
-
Facilitar os datos marcados como obrigatorios nos formularios
-
Compromiso de respectar as condicións ofertadas e a normativa laboral vixente.
-
Proporcionar información sobre o resultado do proceso de selección á Área de Orientación Laboral.
Contacto e información:
CAMPUS DE SANTIAGO
Tlfno.: 881 812 850,, 881 812 851
Fax: 881 812 850
Enderezo electrónico: saeelabo@usc.es
CAMPUS DE LUGO
Tlfno.: 982 823562
Enderezo electrónico: emprego.lugo@usc.es
Importante
No caso de que a oferta presente un perfil pouco definido (sen especificar requisitos diferenciadores) e/ou o prazo moi axustado, colaborarase únicamente na difusión da oferta para que as persoas interesadas se poñan en contacto coa empresa directamente.
A Área de Orientación Laboral resérvase o dereito de tramitación de ofertas en función da fiabilidade, seriedade e cumprimento da lexislación laboral.
Desde este servizo non se realizará unha labor de selección, recaendo esta responsabilidade na empresa.
¿Qué outros servizos ofrece a AOL ás empresas?
- Asesoramento e información sobre as áreas profesionais vinculadas a cada titulación.
- Posibilidade de participar en foros de emprego, realizar presentacións da empresa ou ben participar en actividades de formación para o emprego no ámbito universitario.