Orientación laboral: Entrevistas personalizadas de asesoramento para a busca de emprego, nas que se ofrece información sobre as diferentes alternativas e apoio para a planficación do proxecto profesional.
Información sobre recursos de interese profesional: Programas de prácticas en empresas, itinerarios formativos, emprego público...
Actividades Formativas en habilidades para a busca de emprego: Foro de emprego universitario, obradoiros sobre técnicas de busca de emprego, presentacións de empresas, xornadas sobre o ámbito laboral...
Intermediación laboral: Xestión de ofertas de emprego dirixidas a estudantes de últimos cursos e titulados recentes da USC. Atención a empresas, recepción e intermediación para a contratación de universitarios.
Actividades como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia: Orientación Laboral e elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción para demandantes de emprego.
Podes solicitar unha entrevista de orientación:
- Campus de Santiago:
No teléfono 8818 12850 , a través do enderezo electrónico saeelabo@usc.es ou acudindo á Oficina da Área de Orientación Laboral.
- Campus de Lugo:
No teléfono 982 28 59 00. Ext.: 23562 ou a través do enderezo electrónico emprego.lugo@usc.es ou acudindo á Oficina da Área de Orientación Laboral