Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE)  »  Área de Orientación Laboral  »  Servizos  »  Emprego

Emprego

As actividades da Área de Orientación Laboral en materia de emprego son:

Servizo Galego de Colocación:

  • Incorporación e actualización do currículum na base de datos do Servizo Galego de Colocación * (S.G.C.).
  • Asesoramento para a actualización e modificación de currículums  introducidos noutros centros.

*A alta nesta base de datos é un dos requisitos para o acceso a bolsas FEUGA.

Se queres realizar o currículum do S.G.C. podes dirixirte á Área de Orientación Laboral e informarémosche dos pasos que tes que dar.

Intermediación laboral

Como resposta á demanda de recén titulados ou estudantes por parte de empresas e outras entidades, desenvólvese un servizo de intermediación laboral desde o que se realizan as seguintes actividades:

  • Recepción e difusión no entorno universitario das ofertas de emprego  que presentan as empresas.
  • Recollida de currículums e asesoramento para a adecuación ós postos ofertados.
  • Asesoramento ás empresas sobre os perfís e potencial das titulacións da USC para o desenvolvemento das funcións correspondentes aos postos que precisan cubrir.

Podes consultar as ofertas na páxina web e nos taboleiros informativos da Área de Orientación Laboral, ademais podes solicitar asesoramento para a elaboración e adaptación do currículum ás ofertas.