Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteoroloxica  »  Acumuladores

Caracterización de Acumuladores

Os sistemas de acumulación ou baterías constitúen xeralmente o elemento máis débil das instalacións enerxéticas, no seu sentido máis amplo. A súa vida útil de traballo depende do modo de funcionamento e das condicións meteorolóxicas deste. De aí a importancia dunha estrita caracterización.

 

Descripción de las medidas 

 

➢ Obtención das curvas intensidade-tensión en carga e descarga.

 

➢ Calibración da capacidade, rendemento e curva característica en Condicións Normalizadas de Medida.

 

➢ Medida de coeficientes de temperatura.

 

➢ RESPOSTA de funcionamento a baixas e moi baixas temperaturas.

 

 

Sectores de aplicación

 

Fabricantes, instalacións enerxéticas illadas (fotovoltaicas, eólicas, mixtas, etc.), automoción, rede eléctrica (transformadores intermedios de distribución).

 

Colaboración con fabricantes do sector en caracterización e mellora tecnolóxica. Realización de ensaios a petición de fabricantes ou por requirimento de proxectos de investigación.