Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteoroloxica  »  Calibración

Calibración

A calidade da información que ofrece calquera dispositivo depende da exactitude coa que realice as medidas. Na maioría dos casos unha pequena desviación conduce a resultados e conclusións equívocas que orixinan un prexuízo no desenvolvemento científico-tecnolóxico, dificultando ao mesmo tempo todo proceso produtivo.

 

O proceso de calibración garante a calidade, a fiabilidade e a exactitude das medidas subministradas polos sensores, avaliando ata as características metrolóxicas dos instrumentos antes de ser adquiridos ou instalados.

       

Calibracion_2

                        

Os procedementos que aplica e desenvolve o Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteorolóxica da Universidade de Santiago de Compostela cumpren coas esixencias, os requisitos e as recomendacións da norma internacional ISO/IEC 17025 “General Requirements for the competence of testing and calibration laboratories”. Ademais os equipos utilizados satisfán as especificacións requiridas e os patróns gozan de trazabilidade.