Levar a cabo controis de calidade é aconsellable para coñecer en profundidade o estado de cada elemento dun sistema fotovoltaico, verificando a súa correcta operación na actualidade e proporcionando unha base sólida para asegurar a súa produción no futuro. Un axeitado protocolo de control demostrou a súa eficacia á hora de optimizar a eficiencia e a calidade dos sistemas, asegurando a produtividade.
➢ INSTALACIÓNS ENERXÉTICAS: ofrécese servizo de deseño de protocolos de control de calidade individualizado en función das necesidades de cliente, avalados por ensaios experimentais.
➢ FABRICANTES: deseño de procedementos de control no proceso de fabricación que aseguren calidade de produto final.
Fabricantes, instalacións enerxéticas fotovoltaicas illadas e conectadas a rede, automoción.