Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteoroloxica  »  Enerxética

Consultoría Enerxética

O LACEM dispón dun servizo de consultoría especializada no deseño de instalacións enerxéticas no ámbito das enerxías renovables (fotovoltaica, térmica, xeotérmica, xestión de residuos, potabilización). Ofértanse así mesmo servizos de auditoria enerxética e xestión enerxética integral.

 

A consultoría de deseño permite: 

 

➢ Deseño e avaliación técnica de instalacións enerxéticas.

 

➢ Estudo da viabilidade económica e períodos de retorno do investimento a primeira instancia.

 

➢ Ofrécese un servizo de INSTALACIÓNS CHAVE EN MAN a petición do usuario.

 

 

A auditoria enerxética é un mecanismo sistemático, independente e documentado para a obtención e optimización de procesos, así como unha ferramenta de diagnostico que cuantifica os parámetros que nos permiten optimizar os custos económicos e conseguir un bo funcionamento das instalacións.

 

A xestión enerxética é o asesoramento integral e continuado de todos os aspectos relacionados cos consumos e recursos enerxéticos co obxectivo de optimizar o gasto enerxético asociado, maximizando o confort dos usuarios e a produtividade dos procesos.

 

Dispoñemos dun cualificado equipo de expertos que poderán asesoralo na elección dos sistemas enerxéticos máis eficientes para a súa empresa, investigación ou negocio, permitíndolle optimizar procesos e recursos.

 

Se o seu obxectivo é obter unha configuración enerxética eficiente, optimizar a calidade e a produtividade das xa existentes ou simplemente diferenciarse dos seus competidores non dubide en poñerse en contacto connosco.