A avaliación da vida útil de cada un dos elementos que conforman unha instalación é crucial para determinar o rendemento económico e a viabilidade de calquera proxecto. Para iso, resulta importante realizar medidas experimentais da devandita vida útil, así como estudar os modos de envellecemento máis habituais.
➢ Caracterización de modos de envellecemento de acumuladores e paneis solares.
➢ Medidas de vida útil mediante test destructivo en carga descarga forzada en acumuladores.
➢ Medidas de vida útil en paneis solares en iluminación forzada.
Fabricantes, instalacións enerxéticas illadas (fotovoltaicas, eólicas, mixtas, etc.), automoción, rede eléctrica (transformadores intermedios de distribución).