Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteoroloxica

LACEM

 

 

 

 

Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteorolóxica

O Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteorolóxica (LACEM) nace, co soporte de MeteoGalicia, como resposta á necesidade de dispoñer de métodos de control que certifiquen a excelencia das medidas proporcionadas polos instrumentos.

 

O continuo aumento do uso de variables atmosféricas, en sectores e ámbitos tan diversos como o enerxético, climatolóxico e hidrolóxico entre outros moitos; evidencian a crecente necesidade de dispoñer dun servizo que garanta unha alta calidade e fiabilidade da toma de medidas de datos atmosféricos.

 

Case en paralelo, o sector das enerxías renovables únese a esa necesidade que pasa a ser imperativo legal en grandes instalacións.

 

     

 FísicaAA

     

Os servizos que oferta son:

     

➢ Calibración de instrumentos meteorolóxicos: sondas de temperatura, humidade e presión, pluviómetros e piranómetros.

 

➢ Caracterización e ensaios en sistemas enerxéticos: paneis solares, reguladores e acumuladores, sistemas térmicos e xeotérmicos.

 

➢ Consultoría no deseño e instalación de redes de monitorización meteorolóxica.

 

➢ Consultoría enerxética: deseño de instalacións, auditoría enerxética e xestión enerxética integral.

 

➢ Formación.