Existe unha ampla gama de equipos que empregan distintos métodos ou procesos para rexistrar a precipitación, pluviómetros de cubeta basculante, de pesada ou óptico láser. O alcance do laboratorio inclúe aos pluviómetros basculantes, denominados comunmente de cazoletas, que son os utilizados máis habitualmente debido ao seu sinxelo funcionamento e baixo custo.
O proceso de calibración execútase en dúas fases, realízase unha previa calibración estática e posteriormente efectúase unha calibración dinámica.
Na calibración estática compróbase se a resolución ou sensibilidade nominal do pluviómetro, número de mm de precipitación ou l/m2, coincide co valor de deseño estipulado polo fabricante do instrumento, corrixíndose en caso necesario.
En xeral a literatura que existe ao respecto considera que é unha calibración en se mesma; non obstante non é suficiente para poder caracterizar o comportamento dun pluviómetro de cazoletas. Estes instrumentos subestiman a precipitación medida a altas intensidades de chuvia debido básicamente ao seu principio de funcionamento. Así resulta imprescindible coñecer cal é o seu comportamento en función da intensidade de chuvia.

Na calibración dinámica é onde se avalía a resposta do pluviómetro en función da intensidade de chuvia simulada; é a que realmente proporciona a corrección do pluviómetro, a diferenza existente entre a intensidade de chuvia obtida experimentalmente (a rexistrada polo pluviómetro) e a intensidade real ou intensidade de chuvia simulada.
O LACEM realiza a Calibración Dinámica en 7 puntos de intensidade de chuvia que por defecto son: 3, 6, 12, 24, 48, 96 e 190 mm/h. Si desexa que a calibración se realice en outros puntos específcos so ten que facerllo saber o laboratorio.
O Alcance da Actuación en Precipitación é o seguinte:
SENSORES: Pluviómetros de Cazoletas.
PROCEDEMENTO:
o Calibración Estática.
o Calibración Dinámica.
En 7 puntos de intensidade de chuvia simulada.
Ptos: 3, 6, 12, 24, 48, 96 e 190 mm/h.
RANGO: Intensidade de chuvia de 3 mm/h a 190 mm/h.