O procedemento que se emprega na calibración de instrumentos de medida de Presión Absoluta é o de comparación a patróns de referencia. Para iso utilízase un barómetro silicon capacitivo que ten unha incerteza de ±0,07 hPa e que cumpre coa norma ISO/IEC 17025.
Aos sensores sométeselles a probas de histérese, linealidade e repetibilidade e no caso de que existan dúas calibracións sucesivas o Laboratorio tamén terá en conta a deriva do instrumento. Ademais se avalían as incertezas asociadas ao patrón así como a influencia das condicións ambientais do laboratorio no proceso.
O LACEM realiza o seu procedemento en 7 puntos, 800, 850, 900, 950, P_Laboratorio, 1000 e 1040 hPa, si desexa escogeller vostede outros puntos específicos só ten que comunicárnolo.

O Alcance da Actuación en Presión Absoluta é o seguinte:
SENSORES: Barómetros e Transmisores.
PROCEDEMENTO: Comparación
RANGO:500 hPa a 1100 hPa.
PATRÓN:Barómetro silicón capacitivo ISO/IEC 17025. U=±0,07 hPa.
Ptos: 800, 850, 900, 950, P_Lab., 1000 e 1040 hPa