As calibracións en Temperatura e Humidade Relativa realízanse utilizando como método a comparación a patróns de referencia. En humidade emprégase un Termo-Higrómetro ENAC que ten unha incerteza de ±0,4% ao 50% de HR e ±0,10° a 23ºC. En temperatura o patrón é un termómetro de resistencia de platino Pt 100 con referencia á ITS-90 que posúe unha incerteza de ±10 mK a 0°C.
No proceso os sensores a calibrar son sometidos a probas de histérese, linealidade e repetibilidade e no caso de que existan dúas calibracións sucesivas terase en conta a deriva do instrumento. Avalíanse todas as incertezas asociadas aos patróns utilizados, as derivadas dos medios xeradores das condición necesarias para realizar a actuación (uniformidade e estabilidade); ademais da uniformidade no caso de que o instrumento a calibrar sexa un termopar.
O LACEM executa o seu procedemento de calibración en Temperatura en 6 puntos, -10°, 0°, 10°, 20°, 30° e 40°C; e en Humidade Relativa en 5 puntos, 10%, 30%, 50%, 70% e 90 %HR a unha temperatura de 23°C. Vostede poderá elixir outros puntos específicos si así o desexa.


O Alcance da Actuación en Temperatura e Humidade Relativa é o seguinte:
|
HUMIDADE RELATIVA SENSORES: Higrómetros Capacitivos. PROCEDEMENTO: Comparación. RANGO: 10 % ao 90% HR; 10°C a 50°C. PATRÓN: Termo-higrómetro ENAC. o UHR= ±0,4% ao 50% HR. o Ut= ±0,10°C a 23ºC. Ptos.: (10, 30, 50, 70 e 90)% HR; tª=23°C. |
TEMPERATURA SENSORES: Termómetro con sensor de Resistencia (RTD), Termistores tipo NTC e PTC, Termopares e Transmisores. PROCEDEMENTO: Comparación. RANGO: -30°C a 160°C. PATRÓN: Pt 100 con referencia a ITS-90. o U=±10 mK a 0 °C. Ptos.: (-10, 0, 10, 20, 30 e 40)°C. |