Venres, 27 de setembro de 2013 sepiu.lugo
A USC logrou a mellor taxa de doazóns nas tres universidades galegas durante o curso 2012/2013, non entanto o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) chama a atención sobre o descenso do 11,4% e fai un chamamento a participación na campaña de doazón que se desenvolverá ao longo do presente curso académico.
Para ver os datos detallados de cada un dos campus universitarios galegos pódese consultar o informe de resultados das campañas de doazón nas universidades galegas.
A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida. Todas as persoas entre 18 e 65 anos con máis de cincuenta quilos de peso e unha saúde normal poden acudir a doar sangue. En caso de dúbida pode consultarse ao persoal médico nas unidades móbiles ou chamar ao teléfono gratuito 900 100 828.
Calendario previsto para a semana do 7 ó 11 de outubro:
Arquivos adxuntos: