Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas ante os Obxectivos do Milenio
O Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas ante os Obxectivos do Milenio (ODM) está dirixido a estudantes universitarios que queiran participar en actividades en áreas de desenvolvemento relacionados cos ODM de saúde, educación e medio ambiente e das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC). A participación dos voluntarios universitarios deber contribuír a mellorar a capacidade das persoas ou institucións en países en desenvolvemento, impulsando as súas habilidades e proporcionando servizos directos para apoiar institución e comunidades. As áreas de desenvolvemento ás que se da prioridade son as que derivan dos ODM de saúde, educación e medio ambiente e das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) tal como se establece no convenio 2009 prorrogado en 2010. No ano 2011 suspendeuse a convocatoria, retomándose agora no 2012.
Este programa está financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (AECID) e algunhas comunidades autónomas. A Declaración do Milenio e os Obxectivos do Milenio configuran a axenda e a metodoloxía común na loita contra a pobreza polo que son un referente para a política española de cooperación internacional.
A USC faise cargo de todos os arranxos financeiros e administrativos antes da partida do/a voluntario/a e durante a súa estancia no país de destino. Isto inclue:
- Identificación e preselección das persos candidatas
- Formación previa (incluíndo formación relativa ás condicións do programa e ao código de conduta)
- Seguro médico e de responsabilidade civil obrigatorio.
- Envío dos/as voluntarios/as ao seu país de destino, incluíndo asistencia no vo internacional e orientación na tramitación de visados e vacinas se fose necesario.
- Comprobación de que o/a voluntario/a conta co diñeiro de manutención asignado para manterse no país de acollida.
- Seguimento e recollida dos informes dos/as voluntarios/as.
Documentación
- Documento acreditativo de pertencer á USC: matricula do curso 2011/2012 ou do curso 2012/2013.
- Ficha da candidata/o. Só admitirase unha solicitude por persoa.
- Fotocopia do DNI.
- Carta de motivación en inglés e español específica para o posto elixido como primeira opción.
- Carta de motivación en inglés e español específica para un segundo posto vacante elixido como segunda opción (Opcional).
- CV Europeo en inglés e en castelán. Pode presentarse adicionalmente nun terceiro idioma se o posto o require.
Modelos de CV europeos