Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Participación e Integración Universitaria  »  Integración Universitaria  »  Adaptacións curriculares

Adaptacións Curriculares

Segundo o MEC, unha adaptación curricular é unha estratexia de planificación e actuación docente, e nese sentido, un proceso para tratar de responder ás necesidades de aprendizaxe de cada alumno (...).

As adaptacións curriculares deben partir da valoración individual das necesidades de cada estudante con discapacidade.

Nas adaptacións curriculares están implicados non só os profesores, senón tódolos servizos que poidan colaborar en adaptacións de postos de traballo, materiais de estudio, acceso á rede…

  

  • Se queres solicitar apoio por parte do noso Servizo ponte en contacto con nós:
1- Cubre o doc documento de solicitude de apoio [doc - 44Kb]

2- Imprime e fainos chegar por correo postal ou persoalmente o documento anterior,  adxuntando ao mesmo unha copia da resolución do teu grao de dependencia. O enderezo ao cal debes remitilo é:
Servizo de Participación e Integración Universitaria. Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Rúa das Casas Reais, 8. CP 15782. Santiago de Compostela. A Coruña.

Poñerémonos en contacto contigo para valorar os apoios que se che poden ofrecer tendo en conta o teu caso e poñer en marcha as adaptacións oportunas.

Para calquera aclaración tamén podes contactar por teléfono no 981 563100 ext. 12864 /12859 /12858 ou ben a través do correo electrónico escribindonos a: sepiu.integracionscq@usc.es