Esta área é a encargada de coordinar a acción directa dos membros da comunidade universitaria interesados en dedicar parte do seu tempo libre a acción voluntaria de maneira activa nunha entidade social ou institución que teña un convenio de colaboración coa USC para desenvolver programas de voluntariado.
As voluntarias e voluntarios poden colaborar de xeito continuado nos programas de voluntariado participando de 2 a 3 horas semanais nas actividades propostas polas entidades sociais.
A USC entrega un certificado oficial a todas as persoas inscritas como voluntarias que o soliciten.
