Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Asesoramento  »  Corrección de textos  »  Correctores ortográficos

Correctores ortográficos

Como funciona un corrector ortográfico
Formato Flash [1,5 MB]

Definir idioma en Word
Formato Flash [1,6 Mb]

Instalar o corrector

(Na parte superior dereita podes ver un titorial para ver como funciona un corrector. Dura só 1 m)

Se optas polo software libre hai correctores instalados nas últimas versións:

OpenOffice windows
OpenOffice MacOX
OpenOffice GNU/Linux

Se prefires o paquete ofimático Microsoft tamén che existen correctores para as últimas versións:

Office 2003
En determinadas configuracións de Office pode aparecer un problema despois da súa instalación. Para solucionalo debe instalar esta versión do corrector (non é preciso desinstalar previamente).
Office 2007

Office 2010

Xeneralidades dun corrector ortográfico

Un corrector ortográfico é unha ferramenta moi útil para conseguir textos de calidade, pero hai que ter en conta que:

  • non todas as palabras dun idioma están contidas nun corrector ortográfico, de xeito que palabras de pouco uso, como as que forman parte da linguaxe de especialidade, adoitan non estar recollidas. Neste caso vanse considerar como "erróneas" (debéramos dicir "non rexistradas") palabras correctas;
  • o corrector non relaciona palabras nin no seu contido nin na súa construción sintáctica, de xeito que unha frase coma "a can ben falou" vai ser considerada correcta porque cada unha das palabras que a integran é correcta.

Quen ten que pasar o corrector?

O corrector ortográfico debe ser pasado pola persoa que escriba o documento por dous motivos:

  1. Vimos anteriormente que pasar o corrector ortográfico a un documento é unha boa forma de aprender.
  2. A corrección do documento gaña en fiabilidade.

Cando hai que pasar un corrector?

Un corrector ortográfico é unha ferramenta que se pode ter activa cando se escribe o documento, de tal xeito que vaia subliñando as palabras que el non teña recollidas. Se esta opción non nos cadra, é mellor pasar o corrector ortográfico antes da derradeira lectura que se lle vai dar ao documento.