Corrección de textos
Se cres que o documento debe, segundo os criterios marcados, ser corrixido polo SNL envía o teu documento en formato electrónico ao noso correo electrónico.
Se o queres mandar por correo ordinario, envíao ao noso enderezo.
De todos os xeitos, comproba os pasos que se indican a seguir:
- Que o documento teña pasado o corrector ortográfico.
- Se é unha versión dun documento anteriormente corrixido por este Servizo, marca as partes diferentes, para centrar a corrección nelas.
- É importante achegar, polo menos, estes datos:
- nome e apelidos
- extensión telefónica e correo electrónico
- data límite de entrega do traballo