Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Dinamización  »  Premios á calidade e á excelencia lingüística

Premios á calidade lingüística

 
As persoas egresadas da Universidade non só deben contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos. Tamén é desexable que teñan desenvolvidas outras destrezas, habilidades e valores: autonomía, pensamento crítico, dominio das novas tecnoloxías... A presentación axeitada dun traballo dende o punto de vista formal –o que abrangue aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño, a coherencia, etc.-, é unha habilidade comunicativa que calquera universitario/a debería posuír.
 
A USC, a partir dunha iniciativa das comisións de normalización lingüística dos centros, pretende contribuír a este obxectivo cos Premios á calidade lingüística, fomentando unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego. Non podía ser doutro xeito nesta Universidade, que ten adquirido un firme compromiso coa extensión do galego no eido da docencia a través do Plan de Normalización Lingüística.
 
Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego. Os Premios á calidade lingüística contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.