Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Dinamización  »  As comisións de normalización lingüística

As comisións de normalización lingüística

logocnl

As comisións de normalización lingüística (cnl) son comisións delegadas das xuntas de facultade ou de escola. Segundo o Plan de Normalización Lingüística, as cnl dos centros son parte da organización xeral da USC en materia de política lingüística, e hanse encargar de velar pola aplicación en cada centro do Plan de Normalización Lingüistica, de presentar propostas á xunta de centro e aos consellos de departamento, de canalizar suxestións á CNL do Claustro. Han ser, alén diso, o ámbito directo de participación dos tres colectivos da Universidade no desenvolvemento do Plan.

O labor que están a realizar as cnl resulta imprescindible para podemos falar do proceso de normalización lingüística na USC durante os últimos anos.

A súa composición estará determinada polo que dispoña o regulamento do seu centro tocante ás comisións delegadas. En todo caso, haberá representantes de estudantes, do PDI e do PAS, así como representantes do equipo directivo do centro. A CNL tamén poderá acubillar a todas aquelas persoas do centro que queiran asistir e participar.