Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Dinamización  »  Xornadas "Educación e linguas en Galicia"

Xornadas "Educación e linguas en Galicia"

V Xornadas (2013): 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia

1 crédito ECTS para todas as titulacións de grao (concedido)

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as V Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia". Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica e, en particular:

  • Reflexionar sobre o alcance dos 30 anos da Lei de normalización lingüística (avances, chanzos, dificultades, futuro….).
  • Coñecer as posibilidades que abriu a LNL en 1983 en todos os eidos.
  • Coñecer e valorar, en función dos mandatos da LNL, a acción institucional.
  • Achegar e valorar os avances producidos dende a iniciativa individual e colectiva.
  • Valorar a necesidade dunha nova lei de normalización lingüística.

O destinatario principal destas xornadas son o alumnado e o PDI das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación, así como alumnado e profesorado da USC en xeral e profesorado do sistema educativo galego non universitario.

 

 IV Xornadas "Educación e linguas en Galicia: A lingua galega e o plurilingüísmo"

 III Xornadas "Educación e linguas en Galicia: O imaxinario social sobre o galego":

II Xornadas "Educación e linguas: A planificación para a normalización lingüística"

I Xornadas "Educación e linguas" (2009):