Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Dinamización  »  Axudas á investigación en galego

Axudas á investigación en galego

Co obxecto de incentivar o uso do galego na investigación básica, a USC ofrece axudas á redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento

A USC, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ofréceche:

Asesoramento lingüístico, terminolóxico e informático
Formación: Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación
Recursos: Cd-rom con correctores ortográficos e outros recursos de interese
• Axuda económica: En concepto de gastos de fotocopiado e encadernación ata 400 €

 

Importante: A axuda económica cómpre solicitala no mesmo ano natural en que se defende a tese, e sempre antes do 31 de decembro. Consulta a convocatoria máis abaixo!
 
Outros traballos de investigación, que anteriormente se incluían neste programa de axudas, ven agora incentivado o uso do galego a través dos Premios á calidade lingüística.