Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Formación  »  Os Certificados de Lingua Galega (Celga)

Os Certificados de Lingua Galega (Celga)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia crea un novo sistema de acreditación de coñecementos de lingua galega, en vigor dende o mes de xullo de 2007. O antigo sistema oficial de cursos de lingua galega, (Iniciación e Perfeccionamento) é substituído por un novo modelo que implica unha serie de novidades:

Os novos Celga constan de 5 certificados distintos:

Establécese un novo sistema de validacións, máis racional.

Existen cursos de formación, pero a obtención do Celga correspondente só é posible mediante a superación dun exame independente do curso.

Polo tanto o sistema de avaliación é diferente.

O novo deseño gaña en dimensión internacional, dado que foi elaborado de acordo co Marco europeo común de referencia para as linguas pdf [1,84 MB] e coas directrices de Alte (Asociación europea de avaliadores de linguas)

Podes obter moita máis información sobre os Celga no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

E se queres podes consultar a Orde do 16 de xullo de 2007 que os regula.

Tamén podes consultar máis información sobre as Probas Celga