Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Normalización Lingüística  »  Área de Terminoloxía  »  Un idioma preciso

Un idioma preciso

Presentación

preciso -a. adx.
1. Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. Pero figurar nestes ámbitos tamén é "preciso" para o proceso de normalización do galego, para que os seus falantes poidan percibir que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados nesta lingua.

Desde esta sección intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisión", ofrecendo para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. Isto plásmase en pequenos estudos nos que se analizan un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles.

A partir de aquí, o foro de discusión está aberto para recoller as vosas opinións e as discusións que a partir delas se xeren. Serán estes debates os que melloren a calidade do resultado final.

 

A precisión actual

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal"?

O sistema CGS ou sistema ceguesimal de unidades físicas perdeu ao longo das últimas décadas case toda a súa relevancia, ao tempo que ía sendo substituído polo Sistema Internacional. Aínda así, moitas das súas unidades seguen manexándose nos estudos de física e seguen, por iso, aparecendo nos dicionarios de lingua común. Hoxe queremos fixarnos en como trata o Dicionario da Real Academia Galega unha delas: a baría (sic?).
 

(máis)

 

Busca en todas

Loading

Índice de precisións