Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Prevención de Riscos  »  Comité de Seguridade e Saúde  »  Competencias e facultades do Comité de Seguridade e Saúde

Competencias e facultades do Comité de Seguridade e Saúde

De acordo co disposto na Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, o CSS terá as seguintes competencias e facultades:

  • Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos laborais na USC. A tal efecto, no seu seo debatiranse, antes da súa posta en práctica e no referente á súa incidencia na prevención de riscos:
    • Os proxectos en materia de planificación, organización do trabllo e introducción de novas tecnoloxías.
    • A organización e desenvolvemento das actividades de protección e prevención.
    • O proxecto e organización da formación en materia preventiva.
  • Propoñer iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, propoñendo a mellora das condicións ou a corrección das deficiencias existentes.
  • Coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos nos centros de traballo realizando, a tal efecto, as visitas que estime oportunas.
  • Coñecer documentos e informes relativos ás condicións de traballo que sexan necesarios para o cumprimento das súas funcións. Tamén os documentos e informes procedentes da actividade do SPR.
  • Coñecer e analiza-los danos producidos na saúde ou na integridade física do persoal, para valorar-las causas e propoñe-las medidas oportunas.
  • Coñecer e informa-la memoria e programación anual do SPR.
  • Acorda-la realización de reunións conxuntas con comités de seguridade e saúde ou, de non contar con este órgano, delegados/as de prevención de empresas externas que desenvolvan a súa actividade en lugares de traballo da USC.