Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Prevención de Riscos  »  Delegados/as de Prevención  »  Competencias e facultades de delegados/as de Prevención

Competencias e facultades de delegados/as de prevención

De acordo coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, son competencias e facultades dos delegados e delegadas de prevención:

  • Colaborar coa dirección da USC na mellora da acción preventiva.
  • Promover e fomenta-la cooperación do persoal na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.
  • Ser consultados, con carácter previo á súa execución, sobre calquera decisión que poida ter efecto sustancial sobre a seguridade e saúde do persoal.
  • Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
  • Acompañar ós técnicos nas avaliacións de carácter preventivo.
  • Acompañar ós inspectores de traballo e seguridade social nas visitas e verificacións que realicen nos centros de traballo para comproba-lo cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais, podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.
  • Ter acceso á información e documentación relativa ás condicións de traballo que sexa necesaria para o exercicio das súas funcións. De xeito particular, os delegados e delegadas de prevención terán acceso á información e documentación referente a:
    • Os riscos para a seguridade e a saúde do persoal e a súa avaliación.
    • As medidas e actividades de protección e prevención aplicables ós devanditos riscos.
    • Resultado dos controis periódicos das condicións de traballo e da actividade do persoal.
    • Práctica dos controis do estado de saúde do persoal e conclusións obtidas dos mesmos.
    • Relación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais que ocasionen unha incapacidade laboral superior a un día de traballo.
    • Situacións de emerxencia e medidas de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuacións.
  • Ser informados dos danos producidos na sáude do persoal, unha vez que a USC tivera coñecemento deles. Os delegados e delegadas de prevención poden persoarse, aínda que sexa fora da súa xornada laboral, no lugar do accidente para coñece-las circunstancias nas que se produxo.
  • Recibir da USC as informacións obtidas procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa, así como dos organismos competentes para a seguridade e saúde do persoal.
  • Realizar visitas ós lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo. Para iso poden acceder a calquera zona do lugar de traballo e comunicarse co persoal titular dos postos sen que se altere o normal funcionamento do proceso productivo.
  • Recabar da USC a adopción de medidas de carácter preventivo e para a mellora dos niveis de protección da seguridade e saúde do persoal, podendo facer propostas á dirección da USC ou ó CSS.
  • Propoñer a paralización de actividades en caso de situación de risco grave e inminente.

Do acceso á información e documentación estarán expresamente excluído-los datos relativos ó estado de saúde do persoal. Os delegados e delegadas de prevención deberán observar sixilo profesional respecto das informacións ás que tivesen acceso como consecuencia da súa actuación na empresa. Asemade, ós datos protexidos conforme á Lei de Protección de Datos aplicaránselle o réxime de garantías da devandita lei e normativa de desenvolvemento.