A USC conta cun PROCEDEMENTO DE PROTECCIÓN DA MATERNIDADE que, ademais de recoller os
criterios de actuación, competencias e responsabilidades para evitar o risco para a saúde das
traballadoras en situación de embarazo ou parto recente e a do feto ou bebé lactante, contén unha
relación de factores de risco xerais, riscos específicos e actividades prohibidas para a
traballadora embarazada ou en periodo de lactancia. Este procedemento está accesible no enderezo da
páxina web do SPR: