Campaña de prevención de lesións músculo-esquléticas
Campaña de prevención de lesións músculo-esqueléticas
Xoves, 14 de marzo de 2013
A Universidade de Santiago de Compostela é consciente de que un ámbito de traballo no que se
coida e fomenta a saúde dos traballadores/ras incide directamente na eficacia do traballo que
realizan e na súa calidade de vida. Dor de costas, molestias no pescozo e tensión muscular son
algunhas das doenzas que con máis frecuencia se atribúen ao traballo.
Todos os traballadores/ras podemos estar expostos no traballo, en maior ou menor medida, a
unha serie de condicións e hábitos adquiridos que, sen ser conscientes diso, nos poden estar a
provocar molestias posturais, acumulación de fatiga e incomodidade.
Por iso, na USC decidimos levar a cabo unha intervención que preveña a incidencia destas
problemáticas. Trátase dunha
Campaña divulgativa para a
Prevención de Trastornos Músculo-Esqueléticos. Esta Campaña, desenvolvida en colaboración
con Mutua Universal, consta das seguintes actividades:
- análise por expertos en ergonomía e
fisioterapia das operacións de traballo que poden xerar maiores problemáticas
- elaboración de táboas de exercicios
físicos para acondicionar e fortalecer as zonas corporais máis utilizadas polos
traballadores/ras
- actividades de carácter formativo e
informativo co fin de sensibilizar e trasladar boas prácticas e o modo correcto de realizar os
exercicios
- elaboración e distribución de material
divulgativo (carteis e folletos)
O obxectivo desta Campaña é promover a saúde dos traballadores/ras, fomentando unha hixiene
postural axeitada na actividade diaria, de maneira que se poidan reducir posibles molestias de
orixe músculo–esquelética.
Solicitamos a colaboración e a participación de todos os traballadores/ras da USC nas
actividades que se van desenvolver para acadar a máxima efectividade da Campaña.
Para máis información pode accederse ao díptico informativo que se inserta ao final deste
escrito e pode contactarse con:
- Servizo de Vixilancia da
Saúde: extensión 33331; correo electrónico:
med171@si.usc.es
- Servizo de Prevención de
Riscos: extensión 33333; correo electrónico:
sprlab@usc.es
A Xerenta
Ligazóns: