Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Prevención de Riscos  »  Unidade de Xestión de Residuos  »  Creación

Creación

Tendo en conta a preocupación polo medio, a USC desde 1996 realiza un grande esforzo para xestionar axeitadamente os residuos perigosos procedentes de actividades docentes e investigadoras desenvolvidas na USC.En 1999 creouse a Unidade de Xestión de Residuos Perigosos (UXRP), que se integra no Servizo de Prevención de Riscos.

Se cadra o factor que máis impacto podería causar sobre o medio, e sobre a seguridade e saúde do persoal da USC, sería a ausencia dunha correcta xestión dos residuos perigosos xerados nos seus laboratorios. Xa que logo , a UXRP pon unha especial énfase na xestión dos residuos e unha aposta por unha xestión integral deles.