Actividades
Actividades xenéricas
- Establecer procedementos específicos sobre protección radiolóxica aplicables ás actividades das
IRAS así como dun programa de control de calidade e optimización de procedementos e técnicas
radiolóxicas utilizadas na instalación.
- Elaborar un Manual de Protección Radiolóxica.
- Implementar plans de emerxencia interior nas IRAs.
- Levar actualizados os rexistros correspondentes ás súas actividades.
Vixilancia da radiación
- Vixiar a correcta utilización de materiais ou productos radiactivos e aparatos xeradores de
radiacións ionizantes en canto á protección de persoas profesionalmente expostas e do público en
xeral.
- Controlar a radiación e contaminación ambiental da instalación e asesorar os procesos de
descontaminación de persoas, locais e equipos.
- Elaborar o Plan de Xestión de Residuos da instalación, vixiar o seu cumprimento.
- Supervisar o cumprimento das normas legais e recomendacións internacionais en materia de
protección radiolóxica, comunicando os incumprimentos detectados, inicialmente ao infractor e
posteriormente ao órgano que corresponda.
- Investigar as causas de anomalías, incidencias e accidentes que puidesen producirse na
instalación no que se refire a aspectos relacionados coa superación de límites e niveis de
referencia, así como proponer as medidas correctoras e informar de todo iso aos responsables da
IRA, ao CSN e ao Servizo Médico Especializado.
- Asesorar o titular da instalación en materia de protección radiolóxica e telo informado das
súas obrigas respecto á normativa legal vixente, poñendo no seu coñecemento todas as deficiencias
que poidan incidir na seguridade das instalacións e na protección dos traballadores
profesionalmente expostos e do público en xeral.
Control dosimétrico
- Realizar o mantemento, rexistro, verificación e calibración dos sistemas de detección fixos e
portátiles.
- Vixiar e realizar o control dosimétrico individual da radiación externa ou interna do persoal
así como o arquivo actualizado dos traballadores profesionalmente expostos da instalación e dos
datos da dosimetría persoal e de área durante a vida laboral dos traballadores expostos. O citado
arquivo axustarase ao legalmente establecido e estará a disposición do traballador.
- Esixir o historial dosimétrico previo individual dos traballadores profesionalmente expostos de
nova incorporación e certifica-los historiáis dosimétricos dos trabaliadores que o requiran.
Planificación e seguemento das instalacións
- Proponer as condicións a instalar, no que se refire á protección radiolóxica, na construcción
de novas dependencias da IRA, emitindo o correspondente informe de todo proxecto de construcción ou
de modificacións das existentes.
- Proponer a definición das zonas controladas e vixiadas, dos controles de acceso e das
sinalizacións adecuadas.
- Determinar en que categoría das establecidas no art. 20 do Real Decreto 53/1992 se encadrarán
os traballadores profesionalmente expostos segundo as súas condicións de trabarlo.
Outras funcións
- Formar e informar ao persoal das IRA verbo dos riscos aos cales están expostos, precaucións a
tomar para evitalos, métodos de traballo adecuados e garantías que supoñen para eles as medidas e
controles dosimétricos e exames médicos.
- Tramitar as solicitudes de autorizacións administrativas das IRA, así como as licencias e
títulos de supervisor, operador ou calquera outro que sexa necesario para o funcionamento.
- Documentación de acceso restrinxido