En abril de 1991 foi creado nominalmente o Servizo de Radioisótopos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobándose en maio de 1992 na Xunta de Goberno da USC o Regulamento Interno baixo a denominación de Servizo de Protección Radiolóxica e Radioisótopos, incluíndose como un dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación da USC.
No ano 1997 o Servicio foi autorizado polo Consello de Seguridade Nuclear, por acordo do Pleno na súa reunión do día 3 de nadal, para levar a cabo as actividades correspondentes á protección radiolóxica das instalacións autorizadas da Universidade de Santiago de Compostela de acordo coa normativa vixente e as resolucións de autorización das mesmas.
Asimesmo, noméase a Xefa de Servizo de Protección Radiolóxica, co correspondente diploma específico, e capacítaselle para autorizar os procedementos correspondentes ás actividades do Servizo.