Lexislación Básica Aplicable
Consello de Seguridade Nuclear (CSN)
En España existen actualmente as seguintes leis básicas en materia de protección radiolóxica:
- Lei 25/1964 de 29 de abril sobre Enerxía Nuclear (BOE nº 107 do 4/5/1964).
- Lei 15/1980 de 22 de abril de creación do CSN (BOE nº 100 do 25/4/1980).
- Lei 14/1999 de 4 de maio de tasas e precios públicos por servizos prestados polo CSN (BOE nº 107 do 5/5/1999).
- Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (BOE nº 269, 10/11/95)
O resto da lexislación que desenvolven estas leis no relativo a instalacións radioactivas e protección radiolóxica se recolle en:
- Regulamento de Instalacións Nucleares e Radioactivas, R.D. 1836/1999 de 3 de decembro (BOE nº 313 do 31/12/1999).
- Regulamento de Protección Sanitaria contra as Radiacións Ionizantes R.D. 783/2001 de 6 de xullo (BOE nº 178 do 26/7/2001).
- Real Decreto 1132/1991 sobre as medidas fundamentais de protección radiolóxica das persoas sometidas a exames e tratamentos médicos.
- R.D. 815/2001 de 13 de xullo, sobre xustificación do uso das radiacións ionizantes para a protección radiolóxica das persoas con ocasión de exposicións médicas (BOE nº 168 de 14/7/2001).
- R.D. 1891/1991 de 30 de decembro sobre instalación e utilización de aparatos de Raios X con fins de diagnóstico médico (BOE nº 3 do 3/1/1992).
- R.D. 39/1997 de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 27 de 31/1/97).
- R.D. 1976/1999 de 23 de decembro polo que se estabrecen os criterios de calidade en radiodiagnóstico (BOE nº 311 de 29/12/99).
- Orde do Ministerio de Industria do 20/3/1975 polo que se aproban as normas de homologación de aparatos radioactivos. (BOE nº 78 do 1/4/1975).
- Resolución do 25/10/1980 da Dirección Xeral de Enerxía pola que se autoriza á Xunta de Enerxía Nuclear (agora CIEMAT, Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas) a efectuar ensaios, medidas e calibracións en laboratorio oficial, relacionado con actividades nucleares e radioactivas (BOE nº 298 do 12/12/1980).
- Orden do Ministerio de Relacións coas Cortes e da Secretaría do Goberno, de 18 de outubro de 1989, pola que se suprimen as exploracións radiolóxicas sistemáticas en exames de saúde de carácter preventivo.
- Orde do Ministerio de Sanidade e Consumo, de 12 de xullo de 1982, sobre exploracións radiolóxicas en medicina e hixiene escolar.
- Resolución do 5/11/1992 do CSN pola que se estabrecen as normas ás que haberán de suxeitarse a homologación de cursos ou programas que habiliten para a dirección e operación de instalacións de raios X con fins diagnósticos, e a acreditación directa do persoal que exerza ditas funcións (BOE nº 274 do 14/11/1992).
- Resolución do 1/10/1993 do CSN pola que se modifica a anterior. (BOE nº 251 do 20/10/1993).
- Especificacións técnicas esixidas aos xeneradores de RX con fins médicos (BOE nº 179 do 27/7/1985).
- Existen tamén Normas técnicas como as de AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación). Tamén o Consello de Seguridade Nuclear emite as Guías de Seguridade para facilitar a elaboración de documentos técnicos e estabrecer criterios ou rexistros sobre instalaciones, persoal, etc.