Outras actividades
Subministración de caixas de urxencias
Desde a creación deste Servizo, e coa colaboración da Mutua, dotáronse de caixas de urxencias de primeiros auxilios os distintos centros da Universidade. Así mesmo temos un mapa en que se distribúen os distintos puntos de caixas de urxencias.
- A concesión das caixas de urxencias faise despois da solicitude por escrito dos propios interesados.
- As reposicións do material das caixas de urxencias de primeiros auxilios faise tamén por conta do Servizo de Vixilancia da Saúde, mediante unha solicitude por escrito.
- Novas caixas de urxencias. Se aínda quedan laboratorios ou departamentos que teñen falta de caixas de urxencias poden solicitalo ó noso Servizo de Vixilancia da Saúde, onde serán atendidos na súa petición.
- Follas de incidencias. Coa entrega das caixas de urxencias, ou da reposición de material, achégase unha "folla de incidencias", e agradécese ós usuarios que teñan a amabilidade, cada vez que fagan uso da mesma, de anota-la incidencia ocorrida (caída, dor de cabeza, etc...). Seguidamente encontraredes unha folla de incidencias por se a queredes enviar por correo electrónico a calquera dos nosos enderezos.
Asesoramento para a realización de viaxes a países tropicais
Seguiremos como ata agora, asesorando a todo o persoal que nos pide información sobre viaxes (traballo ou ocio) a países tropicais. Para isto, contamos coa colaboración do Departamento de Sanidade Exterior, situado en Duran Loriga nº 3, 5º andar - A Coruña.
Cursos de formación impartidos polo persoal do Servizo
Durante o ano 1999 o persoal do noso Servizo impartiu os seguintes cursos:
- Curso de Primeiros Auxilios: realizáronse tres cursos, dous en Santiago e un en Lugo.
- Curso de Escola do Lombo
- Curso de Refugallos, en colaboración co Servizo de Xestión de Residuos
- Curso de Iniciación á Hixiene Industrial: alteración da saúde e a súa prevención, en colaboración coa Mutua
Tamén se colaborou cos integrantes do Servizo de Prevención para impartir cursos específicos de prevención de riscos laborais.
Elaboración dos manuais de formación
- Manual de primeiros auxilios
- Manual de medidas de seguridade nos laboratorios
Tódalas persoas que desexen algún destes manuais, poderán solicita-los ben nas dependencias do Servizo de Vixilancia da Saúde, ou ben a través do correo electrónico no seguinte enderezo: MED171@si.usc.es
Promocións da saúde (Mutua Universal)