A nova Lei de prevención de riscos laborais ten como obxecto (artigo 2) promover a seguridade e saúde dos traballadores.
No Servizo de Vixilancia da Saúde e, en base a esta Lei, realízanse recoñecementos preventivos:
Neste senso é importante recalcar a necesidade de que cada traballador nos manteña informados acerca da súa exposición a materiais e/ou productos químicos e biolóxicos, así como o manexo de máquinas, para que o poidamos incorporar na súa ficha e así poder facer unha mellor valoración do seu posto de traballo e un recoñecemento personalizado. Para iso elaboramos unha enquisa xenérica, na que se trata de detecta-los posibles contactos laborais que poidan xerar un risco.
Tamén é necesario ter acceso ás novas incorporacións de productos no lugar de traballo de cada persoa, o que se poría no noso coñecemento para poder engadilo na ficha, e programar así un control biolóxico actualizado da exposición, para un recoñecemento médico específico do que derivarían as recomendacións oportunas a cada posto de traballo.
O fin último é asegurar que o exercicio dun determinado traballo non poida resultar prexudicial para a saúde do aspirante a ese posto.
Naqueles casos nos que se vexa algunha anomalía importante, ben sexa no comportamento ben no rendemento laboral ou no estado de saúde, e se considere necesaria a intervención do Servizo de Vixilancia da Saúde (consumo de alcohol, drogas, depresión, etc.).
O protocolo que estamos a realizar é axeitado ó posto de traballo, e consiste nunha serie de pasos previamente establecidos:
Á continuación facilitámosvo-lo boletín de solicitude do recoñecemento médico, por se alguén quere solicitalo por correo electrónico ó Servizo de Vixilancia da Saúde.