Cando se creou este Servizo (decembro de 1988) o ámbito de acción, segundo a lexislación vixente, estendíase unicamente ó persoal laboral. Sen embargo, por parte do persoal do Servizo as prestacións estendéronse tanto a funcionarios como a laborais, xa sexan docentes ou PAS.
Na actualidade a “Lei de prevención de riscos laborais” abrangue tódolos colectivos de traballadores que forman parte da empresa (docentes e PAS, tanto funcionarios como laborais), é dicir, aquelas persoas que teñen unha relación contractual ou de traballo coa Universidade.