Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo Técnico de Instrumentación Científica

Servizo Técnico de Instrumentación Científica

Enderezo

Campus de Santiago
DME, S.L.
Estrada San Lourenzo-Vidán, s/n
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 528 046 /*981 563 100 Ext: 13852
Fax.: 981 528 047
Correo electrónico: stecnico@usc.es.

Descrición

O Servizo Técnico depende da Vicerreitoría de Investigación e Innovación e ocúpase do mantemento e a reparación dos equipos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Este servizo adxudícase cada 4 anos, mediante concurso público, e atópase na actualidade encargado á empresa DME, S.A. (correo electrónico: stecnico@usc.es)

A Vicerreitoría financia o importe das reparacións, en tanto que os grupos de investigación abonan o custo dos materiais empregados nesas reparacións. Trimestralmente o Vicerreitoría impútalle aos Departamentos ou Institutos Universitarios o custo deses materiais.

As solicitudes de reparación faranse mediante formulario web. Os grupos de investigación poderán consultar o estado dos seus equipos, para iso terán que darse de alta cumplimentando o seguinte formulario (ir ao formulario). Unha vez cumplimentado o formulario poderán facerse consultas na seguinte páxina web.