Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo Universitario de Residencias  »  Aloxamento para congresos

Aloxamento para congresos

Normas de xestión para aloxamento de congresos no Servizo Universitario de Residencias

  1. O/A responsable da organización do Congreso ou persoa en quen delegue, solicitará a reserva de prazas mediante o modelo aprobado pola Vicerreitoría con competencia na materia,que deberá cumprimentar en todos os seus apartados, e envialo á dirección de correo electrónico que figura no mesmo.
    Cunha antelación non superior a doce meses á realización do Congreso, poderán solicitarse ata un máximo de reserva de 200 prazas. As solicitudes excepcionais, que excedan dese máximo da reserva antes indicada, serán analizadas pola Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social.
  2. Recibidas as solicitudes, e tamén mediante correo electrónico, a Sección de Servizos á Comunidade Universitaria (en adiante a Sección), do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, comunicaralle ao/á solicitante, en que centros do SUR se lle fixo a reserva para os congresistas, tendo sempre en conta as preferencias de centros amosadas e a dispoñibilidade de prazas.
  3. O/A responsable do Congreso ou persoa en quen delegue, poderá realizar modificacións no número das reservas feitas inicialmente, ata dous meses antes da ocupación das prazas.

    As prazas non anuladas neste prazo constituirán a reserva firme. Nese momento a Sección notificaralle o/a responsable ou persoa en quen delegue, o custo que supón o 25 por 100 do total do aloxamento cuxo importe, para poder proceder elevar a definitiva a reserva, deberá aboar no prazo de 7 días desde a notificación mediante:

    • Folla de pedimento
    • En Caixa Galicia por medio do impreso normalizado ao efecto, dispoñible nas residencias, colexios maiores e no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
    • Transferencia bancaria á conta desta Universidade nº 2091 0388 98 3110001172 de Caixa Galicia, Oficina Principal, Santiago de Compostela

    Os xustificantes de pago enviaranse ao:

    Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
    Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
    Pavillón Estudantil - Campus Sur
    15782-Santiago de Compostela

    Recibido o xustificante de pago comunicaráselle ao/á responsable do Congreso ou persoa en quen delegue de forma definitiva, en que centros do SUR se aloxaran os congresistas.

    De non recibirse o dito xustificante no prazo deses 7 días, entenderase que se renuncia á petición efectuada.

  4. Cun mínimo de dez días de antelación á celebración do Congreso, se son congresos propios da USC, e dun mes, se son congresos alleos, deberán remitir á Sección, o xustificante de ter aboado o 75 por 100 restante do importe total e o listado dos asistentes cos centros asignados a cada un.
    Neste momento, e sin que supoña ningún custo, admitirase unha anulación dun 10 por 100 das prazas que constituíron a reserva firme, o resto aboaranse integramente sexan ou non ocupadas.
    O pago será efectuado sempre polo/a responsable do Congreso emitíndose unha única factura.
  5. Os prezos, que como norma xeral serán revisados anualmente, son os que figuran como Anexo I a estas normas.