Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo Universitario de Residencias  »  Residencias privadas  »  Colexio Maior Arosa

Colexio Maior Arosa

Directora: Dna. Carmen Garcimartín Montero

Enderezo

Laverde Ruiz, 1
15702 Santiago de Compostela
Teléfono : 981562149 / 981562797
Fax : 981576204
Correo electrónico: informacion@cmarosa.org
Sitio web: http://www.cmarosa.org

Información

  • Prazas: 50 - Feminino
  • Tipo cuartos: 41 habitacións individuais 3 compartidas. Todas elas con calefacción.
  • Carácteristicas e situación: Situado en pleno centro da cidade, é o único colexio maior feminino de Santiago. Atópase a cinco minutos da estación do tren, xunto ó Parlamento de Galicia e a quince minutos da maioría das facultades. Ofrece un ambiente familiar e de estudo, cunha identidade cristiá. A formación espiritual, para quen o desexe, esta encomendada ao Opus Dei.

Servizos

  • Pensión completa (incluido fin de semana)
  • Lavandería e tinturería
  • Servizo de limpeza diaria
  • Servizo de portería

Instalacións

  • Comedor
  • 2 Salas de estudo
  • Sala de lectura
  • Biblioteca
  • Sala de informática
  • Sala de estar
  • Salón de actos
  • Sala multimedia
  • Piano
  • Capela
  • Instalacións deportivas a 6 km (servizo propio de transportes)
  • Asesoramento académico, orientación profesional e técnicas de estudo 

Estes servizos funcionan durante todo o curso académico.

Actividades

  • Culturais: sistema Boloña, cursos recoñecidos pola USC (dirixidos por profesores), clases de informática, clases de idiomas, curso de alto rendemento no estudo, xornadas de introducción á universidade, tertulias culturais, teatro, clase de guitarra e piano, ciclos de cine e música, ciclos de conferencia, viaxes, intercambios e participación no Congreso Internacional Universitario (UNIV).
  • Voluntariado social.
  • Deportivas: aeróbic, baloncesto, natación, sendeirismo, con participacion tanto en competicións internas coma nas competicións universitarias intercentros.
  • No verán: cursos de idioma no estranxeiro e campos de traballo.
  • Festas tradicionais: Apertura do curso académico (outubro), Festa e Cea de Nadal (decembro), Festa de pais (marzo), acto académico de clausura de curso e imposición de bandas (maio)