Colexio Maior Gelmírez
Director: D. Tomás Briongos Rica
Enderezo
Vista Alegre, 48
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 981586099 / 981586267 / 981586478
Fax: 981574686
Correo electrónico: direccion@cmugelmirez.com
Sitio web: http://www.cmugelmirez.com
Información
- Prazas: 140 - Mixto
- Tipo cuartos: Todas individuais, con baño e calefacción.
- Características e situación: Situado no Campus Norte da USC, a dez minutos do centro histórico da cidade. A titularidade deste CM pertence á Congregación dos Hermanos Maristas, a que, dende 1965, amplía con este Centro, a nivel universitario, a súa prolongada experiencia educativa.
Perfectamente comunicado co centro da cidade, o colexio favorece as idas ao Campus Sur, o máis afastado, mediante o seu propio servizo de autobús.
Servizos
- Pensión completa
- Limpeza diaria de habitacións
- Campos de deporte: fútbol, futbito, balonmán, baloncesto e tenis
- Seminario "Fontán-Sarmiento" de Haxiografía, Onomástica e Toponimia de Galicia
- Cafetaría
- Biblioteca
- Sala de estudo
- Sala de informática con internet
- Sala de estar
- Sala de prensa
- Sala de vídeo
- Salas de televisión
- Salón de actos
- Sala de conferencias
- Sala de ping-pong
- Ximnasio
- Zona de aparcadoiro
- Laboratorio fotográfico
Estes servizos funcionan durante todo o curso académico.
Actividades
- Culturais: conferencias, cafés-coloquio, cursos de informática e publicación da revista colexial.
- Deportivas: participación tanto en competicións internas coma nas competicións universitarias intercentros, torneos e campionatos de xadrez, cartas, dominó, etc.
- Concurso de fotografía
- Festas tradicionais: Inauguración do curso académico (outubro), Magosto (novembro), Festa e Cea de Nadal (decembro), Semana Colexial e imposición de bandas (abril) e Festa do licenciado (xuño).