
Avda. Burgo das Nacións.
15782 Santiago de Compostela.
A Coruña (España)
Tfno. +34 881 811 952
Fax.: +34 881 811 946
Correo electrónico: direburg@usc.es.
A nosa residencia está situada no Campus Norte, a uns 500 metros do núcleo histórico da cidade. Nos seus arredores atópanse a Facultade de Filoloxía, a de Ciencias Económicas e Empresariais e a de Ciencias da Comunicación, así como o Auditorio de Galicia.
O edificio actual da residencia ocupa unha parte do complexo denominado "Burgo das Nacións", construído con carácter provisorio no ano 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Compostela nese Ano Santo Xacobeo. Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4.000 prazas distribuídas en 47 pavillóns. Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgrao, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería, acolleu as dependencias da Policía Nacional, etc. En 1979 a USC comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta. No curso académico de 1986-87 iniciáronse as obras do edificio actual, que se rematou no 1992-93.