
Praza Rodríguez Cadarso, s/n.
Campus Vida.
15782 Santiago de Compostela
A Coruña (España)
Tfno: +34 881 814 376
Fax: +34 881 814 309
Correo electrónico: cmfnseca@usc.es
En 1930 o arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez (1891-1963) elaborou o proxecto definitivo da Residencia de Estudiantes que se comezara a xestar en 1919. Neste proxecto contemplábanse cinco pavillóns principais, catro ós lados, destinados a Colexios Maiores, e un central dedicado a servicios xerais.
A Guerra Civil primeiro e as dificultades orzamentarias despois, fixeron variar ostensiblemente o proxecto, ademais de atrasa-la súa construcción. O conxunto inicial de cinco pavillóns quedou reducido a tres, e o central foi transformado para convertelo noutro Colexio Maior, o actual Fonseca. A súa construcción foi máis tardía que a dos outros dous; foi inaugurado en 1963. Como os restantes Colexios Maiores, o C.M. Fonseca trata de ofrecer os seus residentes non so a posibilidade de aloxárense, senón de realizar tamén unha serie de actividades que sirvan para promover e completa-la súa formación científica, cultural e deportiva.
O actual colexio maior combina, así, un rancio avoengo con modernas instalacións e unha situación privilexiada no corazón do Campus Sur, xa que está comunicado co resto de Compostela mediante autobús urbano.