Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica

Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/sxopra

Enderezo

Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Telf. 8818 11107
Fax. 981 577418

Contacto: sxopra@usc.es

Descrición

As principais funcións das universidades como responsables do servizo público da educación superior son a docencia, xunto coa investigación e o estudo.

Dentro da Área Académica, o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ten como misión o servir de apoio ás estruturas académicas da USC para que estas configuren una oferta anual e integrada de estudos.

Para levar a cabo esta misión organízase en dúas seccións:

Sección de Oferta e Programas de Estudo, cuxas principais funcións son as de colaborar na tarefas de tramitación dos procedementos necesarios para a aprobación, modificación e renovación dos planos e programas de estudos oficiais, de primeiro e segundo ciclo e dos Programas Oficiais de Posgrao, así como daquelas titulacións propias que lle sexan encomendadas para realizar unha oferta integral de estudos. Tamén colaborará na elaboración de informes sobre a demanda de estudos, a análise de resultados e o grao de satisfacción dos estudantes.

Sección de Organización Académica, que ten como función a de servir de apoio ás autoridades académicas para a xestión anual e integrada dos programas de organización docente dos departamentos (recursos humanos) e dos programas docentes anuais dos centros (infraestruturas, espazos, aulas) que permitan prestar os servizos docentes de calidade na oferta de estudos da USC.

  • Organización Académica
  • Normativa
  • Calendario
  • PDA - Planificación Docente Anual
  • POD - Plan de Ordenación Docente