Nota importante: actualización destas preguntas frecuentes
Estase a actualizar a información que figura neste apartado de "preguntas frecuentes" de acordo cos Criterios para a Planificación Académica Anual para o curso 2009-2010. En breve será publicada esta información.
Recoñécese como actividade investigadora na dedicación do profesorado os contratos do programa Cenit e os contratos con empresas a través de FEUGA?
Non, os contratos e convenios non se recoñecen só os proxectos de investigación. No caso do Contrato do Programa Cenit ten a consideración de Contrato singular, polo tanto recoñécese.
Como se aplica a redución polos proxectos de investigación?
Os proxectos reducirán en función do tipo de proxecto, os créditos que teñen asignados.Ex. Un proxecto nacional de 4 créditos reducirá estes catro créditos en cada un dos cursos académicos que coinciden cos dos proxectos en vigor. A redución deberá aplicarse no momento de elaborar a proposta. O límite temporal para considerar en vigor o proxecto será cando o Consello de Departamento aprobe o POD de acordo co calendario de PAA aprobado. A este respecto os proxectos deberán estar en vigor o 9 de maio do curso actual.
Os créditos indicados para cada tipo de proxecto entendéranse para cada un dos membros do proxecto ou a repartir entre todos eles?. Exemplo, no caso dun proxecto nacional ¿cada participante obtén 4 créditos ou hai que dividir 4 créditos entre todos os participantes segundo o criterio do investigador principal?
Non, non é para cada un dos membros senón para todos eles a xuízo do investigador principal só se este investigador ou investigadora principal pertence á Universidade.
No caso de profesores da USC participantes en proxectos de investigación doutras universidades, valórase esta participación, tanto en proxectos nacionais como autonómicos?
A participación no Programa Consolider, ben como coordinador do nodo CESGA ou ben como membro do “Consello de Dirección do Consolider Mathemática i-MATH ten a consideración de Proxecto ou contrato singular en convocatoria competitiva coordinado pola USC que sinala o Acordo do Consello de Goberno do 11 de outubro de 2007 sobre o recoñecemento da actividade investigadora na dedicación do profesorado da USC?
Si.
No caso de proxectos europeo non coordinados pola USC no que un dos socios é unha Consellería da Xunta de Galicia ¿Pódese recoñecer a actvidade investigadora dun profesor da USC que participe como coordinador do equipo da Consellería?
Si.
Que se entende por contrato Singular?
Cales son as diferentes modalidades de proxectos ou contratos singulares en convocatoria competitiva que se van considerar para o recoñecementos de “créditos docentes equivalentes”
A que profesorado se lle aplica o recoñecemento de “Créditos docentes equivalentes” da actividade investigadora?
Como debe facerse a incorporación dos “créditos docentes equivalentes” ao plan de organización docente do profesorado?
En virtude da aplicación da redución pola actividade docente ¿podería impartir un profesor menos de 120 horas de docencia efectiva?
O profesorado deberá impartir como mínimo 120 horas de docencia efectiva, xa que como queda dito a dedución faise a partir das horas de dedicación a tempo completo dun profesor (240/ 360). Unha excepción a esta regra sería a do profesorado que ocupa un cargo académic o ex. Decanos e directores de centro con unha redución de 150 horas nos que a docencia presencial mínima pode chegar ás 60 horas.
Como deben aplicarse os “Créditos docentes equivalentes” no caso do PDI Titular de Escola Universitaria que ten recoñecida mediante a correspondente resolución reitoral unha dedicación docente de 240 horas?
No acordo do 11 de outubro de 2007 de recoñecemento da actividade investigadora como debe entenderse o parágrafo: “Cada curso académico, cada departamento encargarase de determinar os valores dos indicadores da
No indicador de teses de doutoramento que quere dicir : “…deberanse ter en conta as teses defendidas nos dous cursos académicos previos a aquel para o que se cursa a solicitude…”
No caso dunha tese dirixida por dous doutores de departamentos diferentes, cada profesor podería aplicar os 2 créditos de desconto ante o seu departamento?
Como debe interpretarse o parágrafo relativo ao indicador dos sexenios que dí:
Quen proporciona a información sobre as teses lidas, participación en proxectos de investigación e sexenios?