O custo da matrícula, e o dos servizos asociados, apróbaos o Consello Social, a proposta do Consello de Goberno.
Anualmente sufrirán o incremento establecido pola Xunta de Galicia para os estudos conducentes á obtención de títulos oficiais.
TAXAS ACADÉMICAS CURSO 2013-2014
9,85 € por crédito (cada materia consta de 3 créditos, excepto as de 4º e 5º que constan de 9 créditos)
22,30 € por apertura de expediente (alumnos de 1º curso)
4,80 € por expedición e mantemento de tarxeta universitaria
15,00 € de seguro de accidentes e asistencia en viaxes
A USC oferta bolsas de matrícula para aqueles solicitantes que acrediten menor nivel de renda.