Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  IV Ciclo Universitario  »  Taxas e bolsas

Taxas e bolsas

Taxas académicas

O custo da matrícula, e o dos servizos asociados, apróbaos o Consello Social, a proposta do Consello de Goberno.

Anualmente sufrirán o incremento establecido pola Xunta de Galicia para os estudos conducentes á obtención de títulos oficiais.

TAXAS ACADÉMICAS CURSO 2014-2015

9,85 € por crédito (cada materia consta de 3 créditos, excepto as de 4º e 5º, do plan en extinción, que constan de 9 créditos)

22,30 € por apertura de expediente (alumnos de 1º curso)

4,80 € por expedición e mantemento de tarxeta universitaria

15,00 € de seguro de accidentes e asistencia en viaxes

Bolsas

A USC oferta bolsas de matrícula para aqueles solicitantes que acrediten menor nivel de renda.