Saltar ao contido principal
Inicio  »  Titulacións  »  Programas Oficiais de Posgrao  »  Enxeñaría Biotecnolóxica

Enxeñaría Biotecnolóxica

Admisión e Matrícula

Importancia destes estudos

A existencia destes estudos é importante na sociedade moderna, na que se están a desenvolver múltiples empresas que producen novas estirpes de prantas e animais transxénicos. Estas empresas producen os produtos e capacidades máis diversas, que na súa maioría se orientan a paliar a fame no mundo e a curar enfermidades devastadoras.

Títulos que se poden obter con este Máster

  • Máster en Enxeñaría Biotecnolóxica

Destinatarios

  • Licenciados ou graduados en Farmacia, Biotecnoloxía, Bioloxía, Veterinaria, Enxeñaría Química, Enxeñaría Agronómica, Enxeñaría de Montes, Enxeñaría Técnica Agrícola, Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos, Bioquímica, Medicina, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais e Química.

Onde se vai impartir

  • Facultade de Farmacia

Obxectivos

  • Orientación profesional: formar titulados altamente especializados na Biotecnoloxía de última xeración e as súas aplicacións, orientada aos sectores biosanitario e industrial.
  • Orientación investigadora: proporcionar aos estudantes unha formación avanzada nos métodos e técnicas de investigación neste campo, conducentes á realización dunha tese de doutoramento que lles permita obter o título de Doutor.

Modalidade de impartición

Presencial.

Idioma no que se imparte

Galego/Castelán/Inglés

Ámbito de coñecemento

Ensinanzas Técnicas

Estrutura Académica

Ao superar 120 créditos ECTS, os estudantes obterán o título oficial de Máster en Enxeñaría Biotecnolóxica, con validez en todo o territorio nacional, e que permite o acceso ao Doutoramento. O Máster impartirase durante dous cursos académicos de 60 créditos cada curso e estrutúrase en 3 módulos:

  • Módulo Central
  • Módulo Biosanitario
  • Módulo Industrial

Os estudantes realizarán un Proxecto Final de Estudos de 6 créditos. Os demais créditos son optativos.

Os estudantes terán a posibilidade de realizar Proxectos de Investigación en empresas biotecnolóxicas, co dobre obxectivo de introducirse no mundo da investigación e relacionarse co ámbito laboral.

Requirirase unha formación previa de Grao que inclúa as seguintes materias:

  • Bioquímica (9 créditos ECTS)
  • Microbioloxía (9)
  • Xenética (9)
  • Balances de Materia e Enerxía (6)
  • Bioloxía Celular (6)

Admisión e selección de estudantes

Número de prazas: 25; estranxeiros 10; tempo parcial 10

Valorarase o expediente académico do grao ou titulación de acceso

Saídas profesionais

  • Sector agroalimentario: mellora de especies agronómicas e forestais, mellora de produtos agroalimentarios, transformación agroalimentaria...
  • Sanidade humana e animal: diagnóstico e tratamento de enfermidades, desenvolvemento de vacinas, análise de fármacos...
  • Enxeñaría de procesos biotecnolóxicos (aplicada aos sectores químico, farmacéutico e agroalimentario)
  • Acuicultura: obtención de novos produtos, mellora dos procesos produtivos, control de enfermidades...
  • Medio natural: aproveitamento de residuos de orixe química e biolóxica, desenvolvemento de métodos para a detección de contaminantes, análise da contaminación...

Información complementaria

Coordinador: Tomás González Villa

Negociado de Biotecnoloxía
Facultade de Farmacia
Campus Sur
15782 Santiago de Compostela
981 563 100 (ext. 14909)
biotec01@usc.es